Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8158

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (PO 247/2017).

Procedemento ordinario 247/2017c

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Javier Rodríguez Rolán

Procuradora: Lucía Saco Rodríguez

Avogado: Carlos Rodríguez Rivas

Demandado: Julio Vilacoba Sanmartín

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 247/2017, seguido por instancia de Javier Rodríguez Rolán contra Julio Vilacoba Sanmartín, no cal se ditou sentenza cuxo contido é:

«Ourense, 6 de novembro de 2017.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente no procedemento civil ordinario 247/2017, no cal é parte demandante Javier Rodríguez Rolán, representado pola procuradora Sra. Saco Rodríguez e asistido do letrado Sr. Rodríguez Rivas, fronte a Julio Vilacoba Sanmartín, que non contestou nin compareceu á audiencia previa, polo que é declarado en situación de rebeldía procesual.

Seguen feitos.

Fundamentos de dereito:

Cuarto. En aplicación do artigo 394 da LAC, principio de vencemento obxectivo, con estimación íntegra da demanda é procedente impoñer as custas procesuais á parte demandada vencida.

Decido que, estimando a demanda presentada por Javier Rodríguez Rolán, representado pola procuradora Sra. Saco Rodríguez, fronte a Julio Vilacoba Sanmartín, e na devandita razón, condénase este último a que aboe a demandante a cantidade de 7.021,17 euros máis os xuros do modo xa indicado.

En canto ás custas, obsérvese o acordado igualmente no punto correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense nos termos previstos na LAC na súa nova redacción.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Julio Vilacoba Sanmartín, con domicilio descoñecido, expido este edicto.

Ourense, 24 de novembro de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza