Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8157

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (917/2016).

Eu, Carlota Fernández Ambrós, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico:

Que foi ditada sentenza no xuízo verbal 917/2016, en que é demandante Preventiva Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. e demandada María Reyes González Fernández.

Da devandita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de 20 días contados a partir desta publicación.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada María Reyes González Fernández, e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza