Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8155

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 16 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 16 de novembro de 2017 (DOG núm. 229, do 1 de decembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ás persoas que se expresan no anexo desta orde, seleccionadas conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 16 de novembro de 2017.

Segundo. O cesamento no actual destino dos/as traballadores/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar nos seus destinos os/as traballadores/as están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que causen baixa os/as traballadores/as, así como o daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Pardo Fernández, Luís.

NRP: 3425699646 A993B.

Grupo: A2.

Corpo/escala: persoal estatutario do Sergas.

Denominación do posto: director/a do CAPD.

Código: PS.C99.40.901.27560.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Centro de atención a persoas con discapacidades (Sarria).

Localidade: Sarria.

Apelidos e nome: González Rivera, María de los Reyes.

NRP: 3490772602 A4007.

Grupo: A2.

Corpo/escala: persoal estatutario do Sergas.

Denominación do posto: director/a de residencia de maiores.

Código: PS.C99.40.802.27001.001.

Nivel: 26.

Dependencia: Residencia de maiores As Gándaras (Lugo).

Localidade: Lugo.