Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8160

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO de notificación de sentenza (512/2015).

Eu, Virginia González Benedit, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que neste órgano xudicial se tramita o procedemento de xuízo verbal nº 512/2015 seguido por instancia de María Encarnación Sardinero Campos, con DNI nº 35444280-B, con domicilio na r/ Alemania, nº 47, Playa Blanca, Yaiza, Lanzarote, Las Palmas, representada pola procuradora María Luisa Rendo Couto, contra José Manuel Diz Barcala, con domicilio descoñecido, sobre acción de responsabilidade civil extracontractual, no cal, por Resolución do 16 de novembro de 2017 se acordou notificar a sentenza do 14 de novembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que debo estimar e estimo na súa integridade a demanda formulada pola procuradora Sra. Rendo Couto, en nome e representación de María Encarnación Sardinero Campos, contra José Manuel Diz Barcala, e, en consecuencia, condeno o demandado a indemnizar a demandante na cantidade de 4.757,54 euros, cos xuros procesuais indicados no fundamento de dereito cuarto que se produzan desde a data desta sentenza. Impóñense as custas ao demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado, nun prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será preciso constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión. Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza. Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e o seu partido xudicial».

E como consecuencia da imposibilidade de notificar o demandado José Manuel Diz Barcala, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza