Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (732/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 732/2015 por instancia de Sofía Coria Mocchi contra a empresa Castro Lendoiro e Hijos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 9 de xaneiro de 2018, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Estímase a demanda formulada por Sofía Coria Mocchi fronte á empresa Castro Lendoiro e Hijos, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Castro Lendoiro e Hijos, S.L. a aboarlle a Sofía Coria Mocchi a cantidade de oito mil cento noventa e un euros con sesenta e cinco céntimos de euro (8.191,65 euros); os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignada a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Castro Lendoiro e Hijos, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza