Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8162

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 521/2017).

Eu, Belén Pereira Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Roberto González Álbarez contra PV Montajes, S.L., Aplicagal, S.L., Fondo de Garantía Salarial, José Manuel Pájaro Vázquez, Óscar Carlos Pájaro Vázquez, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 521/2017 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a PV Montajes, S.L., Aplicagal, S.L., José Manuel Pájaro Vázquez, Óscar Carlos Pájaro Vázquez, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 24.5.2018, ás 11.15 e 11.20 horas, en planta -1, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a PV Montajes, S.L., Aplicagal, S.L., José Manuel Pájaro Vázquez, Óscar Carlos Pájaro Vázquez, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza