Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolucións e de citación (ETJ 276/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 276/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Filgueira Pérez contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e o Fogasa, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Fernando Filgueira Pérez contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e o Fogasa, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LRXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación».

«Tendo presentado o traballador Fernando Filgueira Pérez escrito exixindo o cumprimento polo empresario Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. da obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial para a audiencia do día 21 de marzo de 2018 ás 11.40 horas na sala 3, sita na planta baixa deste edificio xudicial sito na rúa Berlín, s/n, coas advertencias legais, e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se tenten valer.

Se non asistir o traballador ou persoa que o represente, terase por desistido da súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza