Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7809

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (3801/2017-RCUD 384/2017-RMR).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3801/2017 seguido por instancia de Alcides Antonio Filgueira Fernández e outro, contra Eurolinings, S.L, o Fogasa e outros sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza: María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2018.

O anterior escrito subscrito polo avogado do Estado, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, co deber de acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Solicítese da Sala do Social do TSX de Andalucía, sede de Sevilla, expídase a certificación da sentenza nº 272/2017, ditada no RSU 570/2016, con expresión da súa firmeza, sinalada como sentenza de contraste para a súa posterior unión á peza separada do RCUD.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurolinings, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio en Vigo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza