Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7811

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (38/2015).

Procedemento ordinario 38/2015

Sobre outras materias

Demandante: Santander Consumer EFC, S.A.

Procurador: Manuel Pedro Pérez San Martín

Demandado: Roberto Nebril Rodríguez

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ortigueira, 19 de abril de 2016.

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de xuízo ordinario rexistrados co número 38/2015 nos cales interviñeron, como demandante Santander Consumer EFC, S.A., asistida do letrado Gonzalo Durán Rodríguez Hervada e representada polo procurador Manuel Pérez San Martín, e como demandado Roberto Nebril Rodríguez, declarado en rebeldía procesual, tendo por obxecto unha reclamación de...

... os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda e debo condenar e condeno a Roberto Nebril Rodríguez a aboar a Santander Consumer EFC, S.A. a contía de dezasete mil setecentos oitenta e sete euros con trinta e un céntimos (17.787,31 euros), máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, con imposición das custas ao demandado...».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Roberto Nebril Rodríguez, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ortigueira, 27 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza