Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 920/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 920/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Elena Fernández Garrido contra a empresa Yingming y Pinye, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza:

A Coruña, 15 de xaneiro de 2018

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 920/15 sendo parte neste, dun lado, como demandante, Elena Fernández Garrido, representada pola letrada Cristina Diéguez Míguez, e como demandado Yingming y Pinye, S.L. non comparece e Fogasa representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Parte dispositiva:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Elena Fernández Garrido, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Yingming y Pynye, S.L. a que aboe á demandante 700 € polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Yingming y Pinye, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza