Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7807

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3395-17-PM-B).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3395/2017 PM

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 45/2012 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrentes: Roman David Cortegoso, José Luis Golobardas Estévez, Ángel Rodríguez Dopazo

Avogado/a: Patricia Rivas Villa, Alberto Fernandez Gil

Recorrido/s: Fogasa, Comercial Senra, S.A., Senra Alquiler y Venta, S.L., Rasen Maquinaria, S.L.

Avogado/a: letrado/a do Servizo Público de Emprego Estatal

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3395/2017 desta sección, seguidos por instancia de Roman David Cortegoso, José Luis Golobardas Estévez, Ángel Rodríguez Dopazo contra a empresa Fogasa, Comercial Senra, S.A., Senra Alquiler y Venta, S.L., Rasen Maquinaria, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, con estimación dos recursos que foron interpostos por Román David Cortegoso, José Luis Golobardas e Ángel Rodríguez Dopazo, revogamos o auto que, con data 31.5.2017, foi ditado na executoria 46/2012 seguida no Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, e declaramos que as empresas Senra Alquiler y Venta, S.L. e Rasen Maquinaria, S.L. responden solidariamente de todos xuros devindicados desde o principio.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Senra, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza