Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7805

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se convocan para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 382965.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia en que se celebren durante o ano 2018 festas declaradas de interese turístico de Galicia incluídas no obxecto desta convocatoria.

Así mesmo, poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións que, non tendo personalidade xurídica, estean integradas por municipios nos cales se celebren festas declaradas de interese turístico de Galicia e reúnan os requisitos establecidos no parágrafo anterior, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto

Sufraxio parcial dos investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia.

Será requisito indispensable que a festa conte coa declaración de interese turístico de Galicia regulada no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro).

Non serán obxecto de subvención as festas que, ademais da declaración de interese turístico de Galicia, conten coa declaración de festa de interese turístico nacional e/ou internacional segundo establece a Orde ITC/1763/2006, do 3 de maio, pola que se regula a declaración de festas de interese turístico nacional e internacional (BOE núm. 135, do 7 de xuño).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se convocan para o ano 2018.

Cuarto. Importe

Contía de 306.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04 A2 761A 760.1, proxecto 2017 00005, financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Prazo de xustificación da subvención

O prazo para a xustificación da subvención será o 30 de setembro de 2018 para eventos celebrados ata o 31 de agosto ou, cando o evento subvencionado se celebre con posterioridade a esta data, ata o 20 de decembro de 2018.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia