Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7441

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (789/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución o 9 de xaneiro de 2018, dirixida a Hornos Sandepan, S.L., contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hornos Sandepan, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2018

Mª Jesús Hernando Arenas
Letrada da Administración de xustiza