Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7439

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 808/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 808/2016

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 28/2013 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrentes: José Ángel Couto Ares, Juan Manuel Ferro Saavedra

Avogada: María Luisa Arosa Barbeira

Procuradora: Marta Díaz Amor

Recorridos: Fogasa, Semar Aluminio, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de casación para unificación de doutrina seguido contra a sentenza ditada no procedemento de recurso de suplicación 808/2016 desta sala, seguido por instancia de José Ángel Couto Ares e Juan Manuel Ferro Saavedra contra o Fogasa e Semar Aluminio, S.L., sobre incidentes de execución, o Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Declarar a inadmisión do recurso de casación para unificación de doutrina interposto pola letrada María Luisa Arosa Barbeira, en nome e representación de José Ángel Couto Ares e Juan Manuel Ferro Saavedra, representados nesta instancia polo procurador Antonio Rueda López, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 20 de maio de 2016, no recurso de suplicación número 808/2016, interposto por José Ángel Couto Ares e Juan Manuel Ferro Saavedra, fronte ao auto ditado polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela o 1 de decembro de 2015, na execución número 28/2013, seguida por instancia de José Ángel Couto Ares e Juan Manuel Ferro Saavedra contra Semar Aluminio, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial. Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente. Contra este auto non cabe recurso ningún. Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á sala do social do tribunal superior de xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza