Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (713/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 713/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rodica Dragusin contra Salvador Beltrán Moreno, Fogasa sobre ordinario, se ditou resolución do 29 de decembro de 2017, contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días; fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Salvador Beltrán Moreno, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza