Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (844/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 844/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Agra Fernández contra Química Industrial Proquintas, S.A., Proquintas, Instituto Nacional da Seguridade Social, Construcciones Villantime, S.L., Promove, S.L., o Fogasa, administración concursal de Química Industrial Proquintas, S.A., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Mutua Fraternidade nº 27, sobre seguridade social, ditouse resolución o 29 de decembro de 2017 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Villantime, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza