Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 213/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 213/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania Cambeiro Molina contra Avelina Vila Cid, Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Avelina Vila Cid en situación de insolvencia parcial por importe de 9.606,64 euros de principal (7.216,32 euros en concepto de salarios, vacacións, pagas extra e horas extraordinarias, 2.190,32 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 200 euros en concepto de honorarios do letrado) e 971,14 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Avelina Vila Cid, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza