Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7068

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 755/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 755/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Rivas Pérez contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Diseño Vilagarcía, S.L. e Diseños Cancelas, S.L., se ditou auto cuxa parte dispositiva se xunta:

«Dispoño ter por desistida a Mercedes Rivas Pérez da súa demanda en reclamación de prestacións por desemprego contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Diseño Vilagarcía, S.L. e Diseños Cancelas, S.L.

Arquivar as actuacións una vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS)».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Diseño Vilagarcía, S.L. e Diseños Cancelas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza