Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7064

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 5/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 5/2018 deste xulgado do social, seguido porinstancia de Vanessa Casais Trillo contra P y P Azafatas, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada-xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 521/2017 de data 21.11.2017 ditada no procedemento ordinario 704/2015 a favor da parte executante, Vanessa Casais Trillo, fronte a P y P Azafatas, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 1.051,91 euros en concepto de principal (852,27 euros en concepto de horas extraordinarias, diferenzas salariais e vacacións non gozadas, 199,64 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 105,19 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan a percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. O letrado da Administración de xustiza.

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada P. y P Azafatas co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 1.051,91 euros en concepto de principal (852,27 euros en concepto de horas extraordinarias, diferenzas salariais e vacacións non gozadas, 199,64 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 105,19 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0005 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a P y P Azafatas co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LJS.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a P y P Azafatas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza