Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7062

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 497/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 497/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Montane Roel contra Fondo de Garantía Salarial, Raquel Armesto Rodríguez sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 de reforzo. A Coruña.

Sentenza: 509/2017.

PO procedemento ordinario 497/2015.

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario.

Demandante: Andrea Montane Roel.

Avogada: María del Carmen Garrido Dalmau.

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Raquel Armesto Rodríguez.

Avogado: Fogasa.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 497/2015.

Demandante: Andrea Montane Roel.

Letrada: Sra. Garrido Dalmau.

Demandados: Raquel Armesto Rodríguez.

Letrado:

Fogasa

Letrada:

Sentenza 509/2017.

A Coruña, 27 de setembro de 2017.

Decido:

Estimo a demanda formulada por Andrea Montane Roel fronte á empresa Raquel Armesto Rodríguez con NIF 32841566G e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle á primeira a suma total de 2.679,01 euros brutos en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos e vacacións pendentes de desfrute ao concluír a relación laboral, así como o xuro do artigo 29.3 ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa eventual responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Raquel Armesto Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para inserir no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza