Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 83/2017).

ETX. Execución de títulos xudiciais 83/2017

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 749/2016

Demandante: Leoncio Javier Espiña Eibes

Graduado social: Pablo Castro Wagner

Demandados: Innovis Farma, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Leoncio Javier Espiña Eibes contra Innovis Farma, S.L., se acordou notificar a parte dispositiva do decreto do 3 de xaneiro de 2018, ditado no procedemento ETX 83/2017 a Innovis Farma, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada, Innovis Farma, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 7.294,83 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral a suma de 12.716,34 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución (Auto do 31 de maio de 2017).

Resulta un total de 20.011,17 euros, en concepto de principal, máis 2.001,11 euros que provisionalmente se orzan en concepto de xuros, gastos e custas.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que lle sirva de notificación a Innovis Farma, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza