Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7074

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 251/2015).

PO. Procedemento ordinario 251/2015

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandada: Estructuras Cubafer, S.L.

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 251/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Estructuras Cubafer, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Estructuras Cubafer, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 784,62 euros.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras Cubafer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza