Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 507/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 507/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Eugenia Franqueira Candal contra a empresa Deus Creaciones, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de novembro de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 507/2017, sendo parte nel, dun lado como demandante María Eugenia Franqueira Candal, representada polo letrado Pedro Pedreira Candal, e como demandados Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., que non comparecen, con intervención procesual da administración concursal de Confección Ideal, S.L., representada pola economista Ana Barreiro Martínez, administración concursal de Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal Costura Invisible, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal, Gaviota Textil XXI, S.L. e Fogasa, que non comparecen, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta por María Eugenia Franqueira Candal contra as entidades demandadas, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuada á demandante, e condeno as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Creaciones Deus, Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaivota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Vainica Doble, S.L. á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 20.014,67 € máis os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación da presente resolución, que ascenden a 36,44 €/día.

Absólvense as restantes entidades e persoas físicas demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza