Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6727

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 408/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 408/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Florinda Otero Mosquera contra Deus Creaciones, S.L. e outros, sobre extinción de contrato e cantidade acumulada de despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de novembro de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 408/2017, sobre extinción de contrato e cantidade, e acumulado número 1024/2017, sobre despedimento, sendo parte nel mesmo, dun lado como demandante Florinda Otero Mosquera, asistida pola Letrada Yolanda Fraga Cores, en substitución do letrado José Martín Fuentes Neave, e como demandados Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Perseo Textil, S.L., que non comparecen, Gaviota Textil XXI, S.L., representada polo letrado José Ramón Millán Cidón, con intervención procesual da Administración Concursal Confección Ideal, S.L., representada pola auxiliar delegada, letrada Cristina Suárez Gestal, Administración Concursal Confecciones Deus, S.L., Administración Concursal Deus Creaciones, S.L., Administración Concursal Costura Invisible, S.L., Administración Concursal Confecciones Fraga, S.L., Administración Concursal Plataforma Costurera, S.L., Administración Concursal Shivshi, S.L., Administración Concursal Gaviota Textil XXI, S.L. e Fogasa, que non comparecen, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Resolvo:

Que, estimando las demandas acumuladas interpostas por Florinda Otero Mosquera contra as entidades demandadas, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data da presente resolución, condenando as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L. e Vainica Doble, S.L. ao aboamento solidario dunha indemnización de 32.173,76 € máis 8.237,64 € por salarios de tramitación e 4.983,42 € por salarios debidos, máis o 10 % de xuros respecto desta última cantidade.

Absólvense as restantes entidades e persoas físicas demandadas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L. e Perseo Textil, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza