Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6740

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1177/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1177/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Antonio Caramés Gómez contra Caramés Seoane, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza nº 727/2017.

A Coruña, 20 de decembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 1177/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Ramón Antonio Caramés Gómez, asistido do letrado Francisco Javier Fernández Tarrío, contra Caramés Seoane, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, representado pola letrada Rosa Prósper Montalvo, pronuncio sentenza de conformidade cos seguintes [...]

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Ramón Antonio Caramés Gómez e absolvo a empresa Caramés Seoane, S.L. de todas as pretensións deducidas contra ela.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Caramés Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza