Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1050/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1050/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Lesta Casal contra Segur Ibérica, S.A., Prosenorsa, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, a administración concursal Segur Ibérica, S.A. e Landwell-Pricewaterhouse Coopers Tax & Legal Services, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 678/2017.

A Coruña, 15 de decembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 1050/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Jesús Lesta Casal, asistido do letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, contra Segur Ibérica, S.A., a súa administración concursal, Prosenorsa, S.L. e Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes:

Fallo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Jesús Lesta Casal e condeno as empresas Segur Ibérica, S.A. e Prosenorsa, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 492,65 euros.

Condénase á administración concursal da empresa a avirse á declaración no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Asinado. Patricia López Arranz.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur Ibérica, S.A. e Prosenorsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza