Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 38/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 38/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Beatriz Prieto Martínez contra José Luis Ferrón García, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de agosto de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento número 38/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de María Beatriz Prieto Martínez, representada polo letrado Francisco Valiño Ferreiro, contra José Luis Ferrón García, que non comparece, pronuncio sentenza de conformidade cos seguintes [...]

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Beatriz Prieto Martínez contra José Luis Ferrón García e declaro improcedente o despedimento da demandante condenando a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento e que ascenden 42,69 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 5.752,48 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Ferrón García, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza