Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5726

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (174/2017).

PO. Procedemento ordinario 174/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario.

Demandante: Patricia Rodríguez Zampalo

Avogada: María Dolores Rodríguez Amoroso

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Fundación Vicente Ferrer, Cáritas, herdeiros de Pascual Carballo Rey

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 174/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Rodríguez Zampalo contra Fondo de Garantía Salarial, Fundación Vicente Ferrer, Cáritas e herdeiros de Pascual Carballo Rey, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Patricia Rodríguez Zampalo contra os herdeiros do empresario individual de Pascual Carballo Rey, a entidade Fundación Vicente Ferrer e a entidade Cáritas Internacional. En consecuencia, debo condenar e condeno os herdeiros do empresario individual de Pascual Carballo Rey, a entidade Fundación Vicente Ferrer e a entidade Cáritas Internacional a que lle aboen á demandante a cantidade de 830,90 euros brutos por salarios devindicados en abril de 2016 e a compensación económica por vacacións, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 756,60 euros como indemnización por extinción da relación laboral.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que lles sirva de notificación en legal forma aos herdeiros de Pascual Carballo Rey, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza