Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (1098/2014).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1098/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar Candal Cancelo, Aurora Candal Candelo, María Jesús Rebollo Santos, Mariña Susana Seijas Paz e María del Carmen Iñíguez Platas contra Juan José Bascoy Núñez e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada resolución con data do 21 de decembro de 2017 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan José Bascoy Núñez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza