Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5723

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (442/2017).

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Xuízo de divorcio contencioso número 442/2017

Xulgado de Primeira Instancia número 6

Santiago de Compostela

Sentenza número 425/2017

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2017.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo de divorcio número 442/2017 promovido pola procuradora Sra. Losada Gómez, en nome e representación de María Nicolasa Vilela Camiño, asistida da letrada Sra. Parcero Costas, fronte a Juan Carlos Rey Ameijeiras, maior de idade, sinalada en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Losada Gómez, en nome e representación de María Nicolasa Vilela Camiño, asistida da letrada Sra. Parcero Costas, fronte a Juan Carlos Rey Ameijeiras, maior de idade, sinalada en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o 18.3.1988 en Muxía, inscrito no tomo 30, páxina 136, sección 2ª, do Rexistro Civil de Santiago de Compostela, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Carlos Rey Ameijeiras, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza