Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (102/2017).

Eu, Belén Pereira Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 102/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Barral Valoira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Profesional Interservices, S.A. e Mutua Fremap, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Desestimo a demanda interposta por José Manuel Barral Valoira fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap e Profesional Interservices, S.A., e absolvo os demandados da pretensión suscitada fronte a eles.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 192 e seguintes da Lei da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Profesional Interservices, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza