Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 484/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 484/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Regueiro López contra Costura Invisible, S.L. e outros sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din literalmente:

«Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 484/2017.

Demandante: Dolores Regueiro López.

Letrada: Sra. Vázquez Méndez.

Demandados: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., e Rogelio Bodelo Pichel, Fogasa (non comparecen).

Letrado:

– Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. (no comparecen).

– Gaviota Textil, S.L.

Letrado: Sr. Millán Cidón.

– Administración concursal de Confección Ideal, S.L. comparece Ana María Barreiro.

Sentenza número 787/2017.

A Coruña, 11 de decembro de 2017.

Decido.

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Dolores Regueiro López contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costureira, S.L., Pedracapela, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboarán as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, se a empresa optar por ela: a cantidade de 16.730,48 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 36,43 euros/día.

3º. Desestimar a acción de despedimento formulada pola demandante contra Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Rogelio Bodelo Pichel, polo que se deben absolver de todo pedimento dirixido contra eles.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costureira, S.L., Confecciones Fraga, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Téxtil, S.L.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bendita Costura, S,L, Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Punta Elaborada, Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, Rogelio Bodelo Pichel, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza