Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5349

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 492/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 492/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel López Gómez contra Deus Creaciones, S.L. e outros, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 492/2017.

Demandante: María Isabel López Gómez.

Letrada: Sra. Vázquez Méndez.

Demandados: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., e Rogelio Bodelo Pichel, Fogasa (non comparecen).

Letrados:

– Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. (non comparecen).

– Gaviota Textil, S.L.

Letrado: Sr. Millán Cidón.

– Administración concursal de Confección Ideal, S.L. (comparece Ana María Barreiro).

Sentenza 786/2017.

A Coruña, 11 de decembro de 2017.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Isabel López Gómez fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que se deberán aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 17.641,23 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 41,46 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, polo que se deben absolver de todo pedimento dirixido fronte a eles.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Punta Elaborada, Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus Rogelio Bodelo Pichel, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza