Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5344

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (721/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 721/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelo Cachafeiro Silveiro contra Turmens Logística Urgente, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017.

Parte dispositiva:

Estimo parcialmente a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante fronte a Turmens Logística Urgente, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante verificado o 23 de agosto de 2017, con condena á empresa demandada a readmitir inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación para aboar pola empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: de 5.009,85 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza calculados a razón de 45,54 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza