Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1131/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1131/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Neira Dopazo contra o Fondo de Garantía Salarial, Nutrifitness Personal Trainers, S.L., Consigue Tu ASL, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza número 628/2017.

A Coruña, 15 de novembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 1131/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Pablo Neira Dopazo, representado pola letrada Tania González Pérez, contra Nutrefitness Personal Trainers, S.L., Consigue Tu ASL e contra o Fogasa, todos non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Pablo Neira Dopazo e condeno as empresas Nutrefitness Personal Trainers, S.L. e Consigue Tu ASL a que aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 1.965,42 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Asinado. Patricia López Arranz.

Publicada no día da data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nutrifitness Personal Trainers, S.L., Consigue Tu ASL, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza