Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (388/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 388/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yvan Díaz Sánchez contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza número 641/17.

Na Coruña o 17 de novembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 388/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Yvan Díaz Sánchez, representado polo letrado Federico Novo Pinilla, contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Yvan Díaz Sánchez contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.632,87 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado. Patricia López Arraz.

Publicada no día da data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza