Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1144/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1144/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Ferreiro Álvarez contra Enrique Amable Castro Abdala, María del Carmen Oliva, Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de novembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 1144/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Rosa María Ferreiro Álvarez, asistida da letrada Dalis María Morelo Bermúdez, contra Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. (Enrique Amable Castro Abdala, María del Carmen Oliva) e o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Rosa María Ferreiro Álvarez e condeno a Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. (Enrique Amable Castro Abdala, María del Carmen Oliva) a aboar á demandante a cantidade de 4.287,67 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enrique Amable Castro Abdala, María del Carmen Oliva, Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza