Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (434/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 434/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Novo García contra Tracerox, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza o 30 de novembro de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 434/2015.

Demandante: David Novo García.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandados: Tracerox, S.L., Fogasa.

Sentenza.

A Coruña, 30 de novembro de 2017.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por David Novo García fronte a Tracerox, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 4.495,17 euros en concepto de débeda salarial así como o interese do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá observar o resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tracerox, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza