Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5319

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 4 de agosto de 2017 (BOE do 31 de agosto), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo

docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2364/17

Xosé Lois

Otero Pérez

36075480A

Titular de universidade

Edafoloxía e Química Agrícola

Edafoloxía e Química Agrícola

Lugo

C01775

2367/17

Eduardo

Rey Tristán

35316304B

Titular de universidade

Historia de América

Historia

Santiago de Compostela

C01778