Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (643/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 643/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Martínez Alvariño, Secundino Dorado Pérez, José Antonio Andrade Conde, José Ángel Lagares Díaz, Silvia López Calvelo, Juan Carlos Mato Gómez contra Edrogal, S.L., con intervención do Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Sentenza número 658/2017.

A Coruña, 5 de decembro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 643/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de José Martínez Alvariño, Secundino Dorado Pérez, Silvia López Calvelo, José Antonio Andrade Conde, Juan Carlos Mato Gómez, asistidos e os dous últimos representados polo letrado José Nogueira Esmorís, contra Edrogal, S.L. e o Fogasa que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que, tendo por desistido a José Ángel Lagares Díaz, debo estimar e estimo a demanda presentada por José Martínez Alvariño, Secundino Dorado Pérez, Silvia López Calvelo, José Antonio Andrade Conde, Juan Carlos Mato Gómez e condeno a empresa Edrogal, S.L., a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

José Martínez Alvariño: 11.631,05 euros.

Secundino Dorado Pérez: 11.631,05 euros.

Silvia López Calvelo: 9.571,52 euros.

José Antonio Andrade Conde: 11.631,05 euros.

Juan Carlos Mato Gómez: 11.631,05 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas».

E para que sirva de notificación en legal forma a Edrogal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza