Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5051

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 835/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 835/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa González Lozano contra TIN LAV, S.L., en que intervén o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 4 de decembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 835/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Josefa González Lozano, asistida polo letrado Francisco Manuel Pampín Miras, contra TIN LAV, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Josefa González Lozano e condeno a empresa TIN LAV, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de 2.345,14 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a TIN LAV, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza