Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1055/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1055/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Alonso Castelos contra Andamios Souto, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 670/2017.

A Coruña, 14 de decembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 1055/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Francisco Javier Alonso Castelos, asistido do letrado Pedro Naveira Couceiro, contra Andamios Souto, S.L. e contra o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Francisco Javier Alonso Castelos e condeno a Andamios Souto, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 701,64 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Asinado. Patricia López Arranz.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Andamios Souto, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza