Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5057

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (465/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento vacacións 465/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Álvarez López contra Plantadeza, S.L., sobre vacacións, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de xuño de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos seguidos ante este xulgado por instancia de Alfredo Álvarez López, asistido pola letrada Lidia Vázquez Méndez, contra Plantadeza, S.L., que non comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Alfredo Álvarez López contra a empresa Plantadeza, S.L. e declaro o seu dereito a desfrutar das vacacións do ano 2017 desde o 10 de xullo ao 8 de agosto, ambos incluídos.

Condénase a empresa a se ater a esta declaración.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantadeza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza