Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4366

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (529/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 529/2015, por instancia de José María Vaamonde Miraz, contra a Mutua Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Asociación de Discapacitados de Galicia sobre incapacidade temporal, nos cales recaeu sentenza o 24 de novembro de 2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José María Vaamonde Miraz fronte á Mutua Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Asociación de Discapacitados de Galicia e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Asociación de Discapacitados de Galicia a aboarlle a José María Vaamonde Miraz a cantidade de 288 euros e a cantidade de 5,14 euros, con obriga de anticipo da mutua.

– Condénase a Mutua Gallega a aboarlle a José María Vaamonde Miraz a cantidade de 204,86 euros, con responsabilidade subsidaria do INSS en caso de insolvencia da mutua.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarsee neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recurrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A secretaria xudicial