Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (358/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 358/2017 por instancia de María Teresa Peteiro Mosteiro contra Confecciones Deus, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, nos cales foi ditada sentenza no 28.11.2017 que, copiada nos particulares, necesarios di así:

«Decido

Estimar a demanda formulada por María Teresa Peteiro Mosteiro contra a empresa Confecciones Deus, S.L. e o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, empresa Confecciones Deus, S.L. á demandante María Teresa Peteiro Mosteiro.

– Condénase a empresa Confecciones Deus, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.366,01 euros, aboamento que determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 38,21 euros diarios, vinculando tal declaración ao administrador concursal da devandita empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución e para o cal será suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Deus, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A secretaria xudicial