Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (429/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 429/2017 por instancia de Yolanda María Villasenín Tobío contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costurera Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., administración concursal de Confección Ideal, Fondo de Garantía Salarial, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga S.L., Plataforma Costurera S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Téxtil XXI, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L. e Perseo Téxtil, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentenza en data do 8.11.2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido

Estímase parcialmente a demanda interposta por Yolanda María Villasenín Tobío fronte a Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Téxtil, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Perseo Téxtil, S.L., a administración concursal de Deus Creaciones, S.L. de Confecciones Deus, S.L., de Confección Ideal, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Shivshi, S.L., de Confecciones Fraga, S.L. e de Plataforma Costurera, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 3 de abril de 2017.

– Condénase a empresa Shivshi, S.L., a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.023,56 euros determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 35,04 euros diarios. Das devanditas cantidades responderá solidariamente as empresas a Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Téxtil, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Perseo Téxtil, S.L., vinculando os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L. de Confecciones Deus, S.L., de Confección Ideal, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Shivshi, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., e de Plataforma Costurera, S.L.

Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Téxtil XXI, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L. e Perseo Téxtil, S.L., a aboar solidariamente a Laura María García Torreira a cantidade de 15.081,44 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 8.226,24 euros, en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 3.292,20 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento, percibindo as devanditas cantidades o 10 % de xuros moratorios, vinculando todas estas cantidades aos administradores concursais de Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L. e Plataforma Costurera, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gabiota Téxtil XXI, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L. e Perseo Téxtil, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A secretaria xudicial