Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (77/2017).

Procedemento ordinario 77/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: Diego Ramón Romero Gómez, Gonzalo Fernández Collazo, María Pilar Rey Vidal, Junnior Enrique Saldarriaga Muñoz

Avogada: Ana Isabel Lorenzo Fraga

Demandados: García Gerpe, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 77/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Diego Ramón Romero Gómez, Gonzalo Fernández Collazo, María Pilar Rey Vidal, Junnior Enrique Saldarriaga Muñoz contra a empresa García Gerpe, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido:

Estimando a demanda interposta por Diego Ramón Romero Gómez, Gonzalo Fernández Collazo, Mª Pilar Rey Vidal e Junnior Enrique Saldarriaga Muñoz fronte á empresa García Gerpe, S.L., condeno a demandada a que lles aboe aos demandantes a cantidade de 14.360,85 euros, máis o 10 % en concepto de xuros por mora, segundo a seguinte desagregación:

A Diego Ramón Romero Gómez: 9.731,20 euros.

A Gonzalo Fernández Collazo: 1.371,50 euros.

A Mª Pilar Rey Vidal: 2.937,91 euros.

E a Junnior Enrique Saldarriaga Muñoz: 320,24 euros.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, o cal deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza; a recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5.081 especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, aínda que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a García Gerpe, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza