Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4374

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (229/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 229/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jamal Belhad contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

Decido:

Estimando a demanda interposta por Jamal Belhad fronte á empresa Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L. condeno a demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 3.738,85 euros, máis o 10 % en concepto de xuros por demora.

Con intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación Depósitos e Consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, o pronuncio, o mando e o asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 11 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza