Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4365

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1294/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1294/2013 por instancia da empresa Manuel Rey, S.A. Betanzos contra a empresa Hierros y Derivados Antelo, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e Francisco Manuel Sánchez Germade, sobre recarga de prestacións, nos cales foi ditada sentenza no 23.11.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido

Desestimar a demanda interposta por Manuel Rey, S.A. Betanzos contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Hierros y Derivados Antelo, S.L. con intervención de Francisco Manuel Sánchez Germade, sen que haxa lugar a realizar as declaracións pretendidas por estas, mantendo a recarga do 30 % imposto á empresa Manuel Rey, S.A. Betanzos como consecuencia do accidente de traballo sufrido polo traballador Francisco Manuel Sánchez Germade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal será suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hierros y Derivados Antelo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A secretaria xudicial