Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de decembro de 2017 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/352/2016-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 27 de xullo de 2017, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha estrutura de formigón e columnas de pedra, soleira de formigón, caseta e instalación de dúas caravanas, no lugar de Bouza, no termo municipal de Oia, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Uwe Lange de la Fuente Torres e Marcela Georgina de la Fuente Torres, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba mediante a que se concretan os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística